O porco celta

7/10/2016

O porco celta é unha raza que ata os anos cincuenta era típica dos establos en Galicia e que foi desaparecendo pouco a pouco.

Este animal carecterízase por ser moi longo, pouco precoces (tardan moito tempo en medrar), con cabeza moi grande e con orellas moi longas que lle chegan a tapar os ollos, moi altos e grandes andadores.

É un animal de sistema óseo e muscular moi desenvolvido, sobre todo o terzo anterior, con cabeza forte, longa e carnosa; membros alongádevos, dorso arqueado, anca derrubada, pel grosa poboada de sedas e cola longa.

Son animais rústicos, áxiles, con boa aptitude para a marcha polo seu forte aparello locomotor que lle permite percorrer grandes distancias no pastoreo, como se facía antigamente con esta raza en Galicia. De feito, a súa alimentación adáptase aos recursos naturais estacionais que atopa como as bellotas, as castañas e os brotes vexetais dos bosques autóctonos galegos.

Con todas estas característica, a carne do porco celta é de gran calidade para a elaboración de embutidos e xamóns e teñen gran cantidade de graxa. É una carne de alto contido graso, maior xugosidade e maior palatabilidade. É, ademáis, unha carne melosa e xugosa.

Esta carne tan xugosa permítenos elaborar diferentes platos con ela. Ao forno, á plancha, de calqueira maneira está riquísima.